Richard Teichmann

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.


Richard Teichmann, nado en Altenburg o 24 de decembro de 1868 e finado en Berlín o 12 de xuño de 1925, foi un gran xogador de xadrez alemán.

Infotaula de personaRichard Teichmann

Richard Teichmann
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1868
Altenburg Alemaña Alemaña
Morte12 de xuño de 1925
Berlín Alemaña Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá Alemaña
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Coñecíaselle por "Ricardo V" porque frecuentemente terminaba no quinto lugar nos torneos nos que participaba. Pero en Karlsbad, en 1911, conseguiu unha vitoria moi convincente, gañando a Akiba Rubinstein e a Carl Schlechter coa mesma liña de Ruy López.

Tivo puntuación positiva contra Alexander Alekhine ( +3 -2 =2), empatando un partido en 1921 cando Alekhine era considerado como o retador máis evidente para o entón campión mundial José Raúl Capablanca. Ata gañou a Alekhine con pezas negras no mundial de Berlín de 1921:

1. e4 e5 2. Cf3 Cc6 3. Bb5 a6 4. Bxc6 dxc6 5. Cc3 f6 6. d4 exd4 7. Dxd4 Dxd4 8. Cxd4 Bd6 9. Cde2 Ce7 10. Bf4 Be6 11. Bxd6 cxd6 12. O-O-O O-O-O 13. The1 Bf7 14. Cd4 The8 15. f3 Rc7 16. a4 b5 17. axb5 axb5 18. b4 Cc8 19. Cf5 g6 20. Ce3 Cb6 21. Rb2 d5 22. Td4 f5 23. Ta1 Cc8 24. g4 dxe4 25. Txd8 Rxd8 26. fxe4 f4 27. Td1 Rc7 28. Tf1 g5 29. Cf5 Cd6 30. Ta1 Cc4 31. Rc1 Rb6 32. Cd4 h5 33. gxh5 Bxh5 34. Cb3 f3 35. Cd2 Ce3 36. Ta3 f2 37. Ca4 bxa4 38. Txe3 Td8 0-1.

As marcas de Teichmann contra Emmanuel Lasker e Capablanca non foron tan boas ( +0 -4 =0 e +0 -2 =1 respectivamente). Con todo, puido obter vitorias contra todos os máis grandes xogadores da época, como Carl Schlechter ( +4 -2 =21), Frank Marshall ( +7 -7 =17), Aron Nimzowitsch ( +1 -1 =5), Siegbert Tarrasch ( +5 -7 =2), Akiba Rubinstein ( +5 -6 =11), Geza Maroczy ( +1 -2 =12) e David Janowski ( +4 -5 =4).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar