Abrir o menú principal

Richard Paul Ashcroft (máis coñecido como simplemente Richard Ashcroft) é un cantante e guitarrista nado en Billinge, Wigan (Inglaterra) o 11 de setembro de 1971. Fíxose coñecido mundialmente a raíz do éxito obtido co seu grupo The Verve tras editar o seu terceiro álbum de estudo, Urban Hymns, no ano 1998, no selo HUT. Trala disolución de The Verve pola súa propia vontade iniciou unha carreira en solitario, editando en 2000 Alone with everybody, en 2002 Human Conditions en 2006 Keys To The World.

Richard Ashcroft
Richardashcroft.jpg
Nacemento11 de setembro de 1971
 Wigan
NacionalidadeReino Unido
Ocupacióncantautor e guitarrista
editar datos en Wikidata ]

En 2007 The Verve reúnese de novo e rematan sacando un novo disco en 2008, Forth.

En 2009 o grupo se declara "en vacacións", e Ashcroft acaba sacando o que foi o seu cuarto disco en solitario, "RPA and The United Nations of Sound" ("United Nations of Sound" en Norteamérica) en 2010.

Actualmente atópase traballando no seu novo disco, que segundo palabras de Ashcroft ten prevista a súa saída en 2013. Contará co exbaixista do grupo británico, Ocean Colour Scene, Damon Minchella.