Ricardo Pérez Medín

político galego

Ricardo Pérez Medín, nado en Miño o 7 de setembro de 1908 e finado en Panamá o 20 de xullo de 2009, foi un político galego.

Infotaula de personaRicardo Pérez Medín
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Miño, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 2009 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Panamá Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos 15 anos comezou a traballar como albanel. En 1928 marchou facer o servizo militar e ao rematar estableceu o "Bar Miño" en Miño. Fundador da UGT de Miño en 1931, foi militante de Izquierda Republicana e en 1936 pasou ao PSOE. Co triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro, e en maio foi elixido alcalde de Miño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu en arresto domiciliario e tivo que pagar diversas multas gobernativas. Conseguiu fuxir na lancha pesqueira "La Golondrina" xunto coa súa muller Francisca López del Río e outros nove compañeiros. De Miño chegaron a Bordeos, atravesaron Francia e incorporáronse ao exército republicano en Valencia e Cataluña. Coa caída de Cataluña pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Beziers. O 6 de abril de 1940 saíu de Bordeos rumbo á República Dominicana, desde onde se trasladou a Panamá en 1941, establecéndose alí definitivamente. Traballou como chofer e albanel. En 1962 foi nomeado Delegado Diplomático da República no exilio. Volveu para visitar Miño en 1968, e a partir desa data todos os anos.


Predecesor:
Rodrigo González Martínez
  
Alcalde de Miño
 
1936
Sucesor:
?

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García López, Xoán Xosé; López González, Rosa María (2009). Memorias. Ricardo Pérez Medín. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. ISBN 978-84-95773-16-6. 

Ligazóns externas editar

Ricardo Pérez Medín na páxina web Nomes e Voces.