Ricardo Feijoo Torres
Ricardo Feijoo Torres, nado en Pompeán (Meis) cara a 1895 e finado en Vilagarcía de Arousa o 18 de xullo de 1956,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 |
Morte | 18 de xullo de 1956 (60/61 anos) |
Traxectoria
editarIndustrial, dono da empresa de autobuses El Veloz. En 1923 foi elixido presidente do sindicato agrícola Los Previsores de Meis.[2] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Meis en marzo de 1924.[3] Permaneceu no cargo até 1929. Militou na Unión Patriótica da que foi elixido presidente en xuño de 1924[4] e foi cabo do Somatén do distrito de Meis. Presentou a súa renuncia o 14 de xullo de 1928. En novembro dese ano foi nomeado carteiro en propiedade de Vilanoviña. Foi nomeado fiscal municipal de Meis en decembro de 1930. Coa proclamación da República foi nomeado presidente dun comité republicano de Meis. Foi correspondente de El Pueblo Gallego. Gañou o pazo de Señoráns de Abaixo propiedade dos irmáns Cea nunha partida de cartas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 intentaron asasinalo. En 1945 adheriuse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foille adxudicado o servizo regular de transporte entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa en 1954.
Predecesor: ? |
Alcalde de Meis 1924 - 1929 |
Sucesor: Servando Salgado Torres |
Vida persoal
editarCasou con Carmen Roma Buceta en 1926,[5] e foi pai de Antonio, Carmen, Ricardo, María e Mercedes Feijoo Roma.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 167–168. ISBN 978-84-7680-692-0.