Ricardo Bescansa Castilla

Ricardo Bescansa Castilla, nado en Bueu en 1888 e finado en Santiago de Compostela o 14 de novembro de 1965[1], foi un químico, farmacéutico e empresario galego.

Infotaula de personaRicardo Bescansa Castilla
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , químico , farmacéutico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1917 fundou os Laboratorios Bescansa, para comercializar especialidades propias, entre as que cabe destacar: o Laxante Bescansa, o preparado dérmico Acnosán, o reconstituínte Jarabe Riché e o antiácido estomacal Oxagar.[2] Entre 1918 e 1928 montou en Vilagarcía de Arousa unha fábrica de produtos químicos para a obtención de produtos derivados das algas. Mercou a farmacia que fundara en 1843 Antonio Casares Rodríguez, situada na praza do Toural de Santiago de Compostela, e tiña relación de parentesco cos seus descendentes.[3]

Foi pai de Ricardo Bescansa Martínez e avó de Carolina Bescansa.[4]

Notas editar

  1. Hoja Oficial del Lunes, 15-11-1965, p. 7.
  2. "Hemeroteca ABC". Diario ABC (en castelán). 2 de decembro de 1936. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  3. "Antonio Casares Rodríguez". culturagalega.org. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  4. "Carolina Bescansa, la «oveja negra» de una dinastía gallega". Diario ABC (en castelán). 21 de marzo de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar