Ribonuclease III
As ribonucleases III ou RNases III son encimas ribonucleases que se unen especificamente e clivan (cortan) ARNs bicatenarios.[1] Un exemplo é a ribonuclease III procariótica de Escherichia coli (EC 3.1.26.3) (xene rnc),[2] que é un encima que dixire ARN bicatenario, e está implicado no procesamento de precursores do ARN ribosómico e dalgúns ARNm.
Ribonuclease III | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | RNase_III | ||||||||||
Pfam | PF00636 | ||||||||||
InterPro | IPR000999 | ||||||||||
PROSITE | PDOC00448 | ||||||||||
SCOPe | 1jfz / SUPFAM | ||||||||||
|
Dentro das RNases III distínguense catro subdivisións, que son as clases 1, 2, 3, e 4.
- RNases III de clase 1. Atópanse en bacterias, virus bacteriófagos, e algúns fungos. Entre as RNases III desta clase están a rnc de E. coli, Pac1p de S. pombe, e Rnt1p de S. cerevisiae. As RNases de clase 1 procesan precursores do ARN ribosómico, e, no caso dos fungos, procesan precursores dos ARNs nucleares pequenos (snRNA) e ARNs nucleolares pequenos (snoRNA).
- RNases III de clase 2. Inclúen a familia de Drosha de encimas que funcionan na maduración dos precursores dos microARNs.[3]
- RNases de clase III. Inclúen a familia de Dicer de encimas que funcionan na interferencia de ARN.[4]
- RNases III de clase 4. Estes encimas, tamén chamados Mini-III, son encimas homodiméricos e constan soamente de dominios de RNase III.[5]
Proteínas humanas que conteñen este dominio
editarNotas
editar- ↑ Lamontagne, B.; Larose, S.; Boulanger, J.; Elela, S. (2001). "The RNase III family: A conserved structure and expanding functions in eukaryotic dsRNA metabolism". Current issues in molecular biology 3 (4): 71–78. PMID 11719970.
- ↑ Nashimoto H, Uchida H (1985). "DNA sequencing of the Escherichia coli ribonuclease III gene and its mutations". Mol. Gen. Genet. 201 (1): 25–29. PMID 3903434. doi:10.1007/bf00397981.
- ↑ Filippov V, Solovyev V, Filippova M, Gill SS (Mar 2000). "A novel type of RNase III family proteins in eukaryotes". Gene 245 (1): 213–221. PMID 10713462. doi:10.1016/S0378-1119(99)00571-5.
- ↑ Bernstein E, Caudy AA, Hammond SM, Hannon GJ (2001). "Role for a bidentate ribonuclease in the initiation step of RNA interference". Nature 409 (6818): 363–6. PMID 11201747. doi:10.1038/35053110.
- ↑ Glow, D.; Pianka, D.; Sulej, A. A.; Kozlowski, Lukasz P.; Czarnecka, J.; Chojnowski, G.; Skowronek, K. J.; Bujnicki, J. M. (2015). "Sequence-specific cleavage of dsRNA by Mini-III RNase". Nucleic Acids Research 43 (5): 2864–2873. ISSN 0305-1048. PMID 25634891. doi:10.1093/nar/gkv009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- RNase III Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- EC 3.1.26.3