Riano de Creta (en grego Ῥιανὸς ὁ Κρής), nado en Creta en -275 e finado en -195, foi un poeta e gramático grego nado en Creta, amigo e contemporáneo de Eratóstenes.

Infotaula de personaRiano de Creta
Nome orixinal(grc) Ῥιανός Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento275 a. C. Editar o valor em Wikidata
Illa de Creta, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor em Wikidata
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , historiador , epigramatista Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A Suda di que primeiro foi escravo e capataz dunha palestra, pero que máis tarde recibiu educación e dedicouse aos estudos de gramática, probabelmente en Alexandría[1]. Preparou unha nova edición comentada da Iliada e a Odisea; os escoliastas adoitan recoller as súas atéteses. Escribiu epigramas, once dos cales se conservan na Antoloxía grega e Ateneo. Pero fíxose coñecido sobre todo por escribir poemas épicos (mitolóxicos e etnográficos), o máis celebrado dos cales foi Meseniaca en seis libros. Nela narraba a Segunda Guerra Mesenia e as fazañas da súa figura central Aristómenes; Pausanias usouno como unha fonte autorizada para escribir o libro cuarto da súa obra. Outros poemas similares foron Acaica, Elíaca e Tesálica. A Heraclea era un poema mitolóxico longo, probabelmente unha imitación do poema do mesmo nome escrito por Paniasis, en catorce libros.

Riano escribiu tamén algúns poemas homoeróticos, como o fragmento 2D:

Ὧραί σοι Χάριτές τε κατὰ γλυκὺ χεῦαν ἔλαιον,
   ὦ πυγά, κνώσσειν δ᾿ οὐδὲ γέροντας ἐᾷς.
λέξον μοι, τίνος ἐσσί, μάκαιρα τύ, καὶ τίνα παίδων
   κοσμεῖς; ἁ πυγὰ δ᾿ εἶπε “Μενεκράτεος”.
«As Horas e as Grazas verteron sobre ti doce aceite,
   cu, e ti impides que os vellos concilien o soño.
Dime, de quen es, miña vida, e en que mozo
   resplandeces? E o cu contestou: “De Menécrates”».
Riano I, fr. 2D[2]

O poeta foi mencionado nun poema do poeta Constantino Kavafis titulado «Home novo de Sidón (A.D. 400)».

Notas editar

  1. Suda ρ 158.
  2. Ciordia, José María (12 de novembro de 2018). "Riano I (fr. 2D)". Twitter. Consultado o 12 de novembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • R. Cantarella, La letteratura greca dell'età ellenistica e imperiale, Milano, Sansoni Accademia, 1968, pp. 66-67.
  • I. U. Powell, Collectanea Alexandrina, Oxford, OP, 1925, pp. 9-21.
  • W. R. Misgeld,Rhianus von Bene und das historische Epos im Hellenismus, diss. Kòln 1968.