Rhombosolea

Rhmbosolea tapirina
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Rhombosoleinae
Xénero: Rhmbosolea
Gïnther, 1862
Especies
Véxase o texto

Rhombosolea é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos rombosoleinos.[1] propios das costas de Nova Zelandia e o sur de Australia.[2]

Rhombosolea retiaria.
Rhombosolea leporina.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1862 polo zoólogo británico nado en Alemaña Albert Günther.[1]

Etimoloxía editar

O nome Rhombosolea está formado pola raíz do latín científico rombo-, que deriva do latín clásico rhombus, -i, "rodaballo", e tamén "rombo" (figura xeométrica), que á súa vez vén do grego antigo ῥόμβος rhómbos, "algo que xira",[3] que deriva do verbo ρέμβω rhémbō, "dar voltas e voltas",[4] palabra que foi utilizada tanto por Euclides como por Arquímedes, que utilizaron o termo "rombo sólido" para describir a figura formada por dous conos que comparten unha base común, é dicir, un rombo,[5] unida ao nome de xénero Solea (os linguados) que, á súa vez, vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).[6]

Sinónimos editar

Ao longo do tempo este xénero foi coñecido tamén polos sinónimos:[1]

  • Apsetta Kyle, 1901
  • Bowenia Haast, 1873

Especies editar

Segundo o WoRMS, e FishBase o xénero abrangue catro especies:[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Rhombosolea Günther, 1862 no WoRMS,
  2. 2,0 2,1 Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): [] en Especies de Rhombosolea en FishBase.
  3. ῥόμβος Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus.
  4. ρέμβω Henry George Liddell & Robert Scott: A Greek-English Lexicon, en Perseus.
  5. The Origin of Rhombus Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. (en inglés).
  6. Online Etymology Dictionary.
  7. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar