Rexión de Mykolaiv
A rexión de Mykolaiv (en ucraíno Миколаївська область) é unha rexión (oblast) do suroeste de Ucraína, con capital na cidade de Mykolaiv.
Ten unha superficie de 24.585 km², abarcando o 4% do territorio do país. A súa poboación alcanzaba en 2013 os 1.126.148 habitantes, cerca do 3% da poboación do país.
Os principais ríos que a atravesan son o Bug Meridional e o Ingul.
Divisións administrativas
editarA rexión de Mykolaiv está dividida en 19 distritos (s. район, "raion", pl. райони, raiony, subdivisión administrativa similar ás comarcas galegas) e 1 cidade que non dependen de ningún distrito, senón directamente da rexión - Mykolaiv.
Composición da poboación
editarDemograficamente a rexión é considerada un enclave multiétnico:[1]
Historia
editarNestas terras viviron escitas, sármatas, romanos, godos, rus de Kíiv, hunos, mongois, tártaros, gagauz, turcos etc. Os pobos turcos, como os tártaros, gagauz e turcos, legaron moitos dos topónimos da metade sur da rexión.