Retour à Séoul
filme de 2022 dirixido por Davy Chou
Retour à Séoul é un filme de 2022 dirixido por Davy Chou. É unha coprodución internacional que conta a historia de Freddie (Ji-Min Park), unha rapaza francesa adoptada de vinte e cinco anos que viaxa a Corea do Sur na procura dos seus pais biolóxicos. O filme estreouse o 22 de maio de 2022 no Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección Un Certain Regard. Foi escollido como candidato de Camboxa para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 95ª edición dos premios,[3] chegando a clasificarse na lista curta de decembro.[4]
Retour à Séoul | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Retour à Séoul |
Director | Davy Chou |
Produtor | Katia Khazak Charlotte Vincent |
Guión | Davy Chou |
Intérpretes | Ji-Min Park Oh Kwang-rok Guka Han Kim Sun-young |
Fotografía | Thomas Favel |
Montaxe | Dounia Sichov |
Estrea | Cannes: 22 de maio de 2022 |
Duración | 116 minutos[1] |
Orixe | Camboxa Francia Bélxica Alemaña Corea do Sur Romanía Qatar |
Xénero | Drama |
Recadación | 1,2 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Personaxes
editar- Ji-Min Park como Frédérique "Freddie" Benoît
- Oh Kwang-rok como pai biolóxico de Freddie
- Cho-woo Choi como nai biolóxica de Freddie
- Guka Han como Tena
- Kim Sun-young como tía biolóxica de Freddie
- Yoann Zimmer como Maxime
- Louis-Do de Lencquesaing como André
- Hur Ouk-Sook como avoa biolóxica de Freddie
- Emeline Briffaud como Lucie
Notas
editar- ↑ Ide, Wendy. "'Return To Seoul': Cannes Review". Screen Daily. Consultado o 2022-06-13.
- ↑ boxofficemojo (ed.). "Return to Seoul (2022)". Consultado o 26 de marzo de 2023.
- ↑ Kereya, Keo. "'Return to Seoul' chosen as Cambodian entry for Oscar". www.phnompenhpost.com.
- ↑ Giardina, Carolyn (21 de decembro de 2022). "Shortlists for 95th Academy Awards Unveiled". The Hollywood Reporter.