Resident Evil: Survivor
Resident Evil: Survivor é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil lanzado no ano 2000 para PlayStation.
Resident Evil: Survivor | |
---|---|
Na rede | |
http://www.capcom.co.jp/bio_series/gun_biohazard.html | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ArgumentoEditar
Ark Thompson é un detective enviado a investigar os sucesos de Raccoon City. Durante a viaxe, o seu helicóptero sofre un accidente e Ark resulta ferido. Perde parte da memoria de decide armarse cunha pistola e unha lanterna e investigar que lle ocorreu.
Estilo de xogoEditar
O estilo de xogo é diferente ao do resto da serie Resident Evil. A perspectiva é en primeira persoa, a diferenza do resto, que é en terceira persoa. Ademais, engádese a posibilidade de xogar cunha pistola.
CríticaEditar
Tanto para a prensa especializada como para os afecionados a esta serie, trátase dun xogo pobre, que non está á altura doutras entregas. O apartado ténico é mediocre, o argumento non está tan traballado etc. Acadou un 39 en Metacritic[1].
NotasEditar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 02 de outubro de 2009.