ResearcherID é un sistema de identificación para a autoría científica. Thomson Reuters presentouno en xaneiro de 2008. Este  identificador único ten como obxectivo arranxar o problema de identificación de autoría. En literatura científica é común citar polo nome, apelidos e iniciais das persoas autoras dun artigo. Ás veces, con todo, hai persoas co mesmo nome, coas mesmas iniciais, ou ben erros na propia edición da revista o que leva a que haxa diferentes variantes escritas para unha mesma persoa ou persoas diferentes identificadas baixo a mesma forma escrita.

ResearcherID
TipoIdentificador de persoas, páxina web e identificador persistente
Data de fundaciónxaneiro de 2008
Na rede
http://www.researcherid.com/
editar datos en Wikidata ]

Na páxina de  ResearcherID solicítaselles ás persoas autoras que liguen o seu  identificador nos seus artigos. Deste xeito tamén poden manter actualizada e en liña a súa lista de publicacións e listar a produción total dunha persoa, xa que non toas as publicacións son indexadas por Web of Science. Isto é relevante para quen investiga en eidos onde se traballa predominantemente con artigos revisados por pares (informática ou ciencias naturais) ou en area centradas na publicación de monografías e capítulos de libros (Humanidades e disciplinas das ciencias sociais).

O uso combinado do DOI co ResearcherID  permite unha  asociación única entre as persoas autoras e os artigos científicos. Pode usarse para ligar o persoal investigador con rexistros de ensaios clínicos ou para identificar colegas e colaboradores no mesmo campo de investigación.[1]

ResearcherID vén sendo criticado pola súa natureza comercial e propietaria, pero tamén enxalzado como "unha iniciativa que aborda o problema común de identificación errada de autoría".[2][3]

ResearcherID permite o intercambio de datos entre a súa base de datos e a de ORCID de xeito bidireccional.[4]

Véxase tamén editar

Referencias editar

  1. Enserink, Martin (27 marzo 2009). "Are You Ready to Become a Number?". Science (en inglés) 323 (5922): 1662–1664. PMID 19325094. doi:10.1126/science.323.5922.1662. 
  2. Wolinsky, Howard (decembro 2009). "What's in a name?". EMBO reports (en inglés) 9 (12): 1171–1174. doi:10.1038/embor.2008.217. 
  3. Cals, Jochen WL; Kotz, Daniel (2008-06). "Researcher identification: the right needle in the haystack". The Lancet (en inglés) 371 (9631): 2152–2153. doi:10.1016/S0140-6736(08)60931-9. 
  4. "ResearcherID & ORCID Integration" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2015. Consultado o 30 abril 2018. 

Ligazóns externas editar