Digital object identifier

(Redirección desde «DOI»)

O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais.[1] Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012).[2] O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.

É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.

O sistema de control DOI foi elaborado pola Corporación Nacional para Iniciativas de Investigación (CNRI), unha asociación estadounidense non lucrativa destinada a promover o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no campo da investigación científica.

A Fundación DOI xestiona o sistema DOI en nome das axencias encargadas dos rexistros DOI e é unha autoridade de rexistro da ISO 26324.[3]

Véxase tamén

editar
  1. Miguel, Varo Ortega (5 de agosto de 2016). "DOI : Digital Object Identifier". Glosario de términos bibliotecarios (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2023. Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  2. "ISO 26324:2012(en) Information and documentation — Digital object identifier system". www.iso.org. Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  3. Fundación DOI (ed.). "About Us". www.doi.org. Consultado o 2 de novembro de 2023. 

Ligazóns externas

editar