Republican Sinn Féin
O Sinn Féin Republicano (Republican Sinn Féin, RSF; en irlandés Sinn Féin Phoblachtach) é un partido político de Irlanda xurdido como escisión do Sinn Féin logo do ardfheis de 1986, cando a dirección do mesmo decide rematar coa política abstencionista e ocupar os seus escanos obtidos no Dáil Éireann. Os escindidos consideran que o Dáil é ilexítimo xa que non representa aos 32 condados da illa, e que polo tanto a única autoridade lexítima sobre toda a illa a ostenta o Consello Militar do IRA.
Republican Sinn Féin (RSF) Sinn Féin Poblachtach | |
---|---|
Partido político de Irlanda | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Ruairí Ó Brádaigh |
Historia | |
Fundación | 1986[1] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Republicanismo irlandés Lexitimismo republicano Abstencionismo Socialismo Éire Nua |
Outros datos | |
Sede | 223 Parnell Street, Dublín |
Publicación | Saoirse |
Na rede | |
www.rsf.ie | |
Ideoloxía
editarO RSF é abstencionista, xa que non recoñece a lexitimidade do Dáil Éireann nin do Parlamento de Stormont, estabelecidos ambos por actas de Westminster e en contra dos desexos da maioría do pobo irlandés.
O RSF apoia a creación dun estado irlandés baseado na xustiza social, de acordo cos principios do republicanismo socialista irlandés. Cre na separación Igrexa-Estado. Apoia ademais a recuperación do gaélico irlandés como parte moi importante da cultura irlandesa.
Republican Sinn Féin é internacionalista. Pula por eliminar a débeda externa e aqueles aspectos do comercio internacional que empobrecen aos pobos do Terceiro Mundo. Apoia a neutralidade respecto a alianzas militares e practica a solidariedade con aqueles pobos que loitan pola liberdade e/ou a xustiza.[2]
Historia
editarFundárono nunha xuntanza clandestina nun hotel as aforas de Dublín Ruairí Ó Brádaigh e Dáithí Ó Conaill xunto con Des Long, Joe O'Neill, Frank Glynn e outros homes importantes do IRA Provisional. Entre eles, membros del primeiro Consello Militar do IRA. Había en total 9 dos 20 primeiros membros dos Provisional Sinn Féin.
Relacións con outras organizacións
editarO RSF vese como unha parte dun movemento republicano máis amplo cun número de organizacións que comparten perspectivas políticas e ideolóxicas moi semellantes, se non as mesmas. Estas inclúen o Continuity Irish Republican Army, Cumann na mBan, Fianna Éireann, Cabhair e o National Commemmoration Committee e o Grupo de Acción dos Prisioneiros Republicanos. Crese que moitos dos membros destas organizacións tamén militan no RSF, aínda que o RSF rexeita totalmente a afirmación de que é a "póla política" do IRA de Continuidade, e nega que este sexa a súa "póla militar".
Proscrición
editarMalia isto, o RSF ten sido proscrito polo Departamento de Estado dos Estados Unidos como unha organización terrorista xunto co CIRA. Así, o Departamento de Estado di no seu sitio web que o "CIRA é un grupo terrorista formado en 1994 como a á clandestina armada do Republican Sinn Féin, que se escindiu do Sinn Féin en 1986. 'Continuity' refírese á crenza do grupo de que é portador da misión orixinal do Irish Republican Army (IRA) orixinal de botar aos británicos fora de Irlanda do Norte. Os aliados do CIRA, Continuity Army Council e Republican Sinn Féin, tamén foron incluídos na súa designación como Foreign Terrorist Organisation."[3]
Notas
editar- ↑ Proclámase lexítimo herdeiro do Sinn Féin fundado en 1905.
- ↑ Información acerca do RSF nunha web do Sinn Féin (inglés)
- ↑ "U.S. Department of State - Country Reports on Terrorism". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2006. Consultado o 26 de maio de 2006.