Renderén é un colectivo editorial autoxestionado creado en Galiza no 2007, con sede en Ourense.

Características editar

É unha formación asemblearia. Os textos editados están dispoñibles en formato físico, e son descargables de modo gratuíto desde a rede.

A súa primeira publicación, A falacia da sustentabilidade, é un monográfico de 68 páxinas en branco e negro, editado no inverno de 2008. Conta con colaboración de diferentes autores coma Agustín García Calvo, Pedro García Olivo, Diego Ameixeiras, Santiago Alba Rico ou Eliseo Fernández.

A segunda publicación é A Civilización enferma, monográfico de 68 páxinas con capa e contracapa en cor, editada en xuño de 2009. Nela, ademais dalgúns dos autores mencionados, aparecen colaboracións de Miguel Amorós, Marcos Abalde Covelo, Emma Dourado, Rebeca Baceiredo e ilustracións de Miguel Brieva.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar