Santiago Alba Rico

escritor español

Santiago Alba Rico, nado en Madrid en 1960, é un escritor, ensaísta e filósofo español. Actualmente reside en Tunisia.

Infotaula de personaSantiago Alba Rico

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , columnista , filósofo , Intelectual Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de marzo de 2019Manifiesto de ciudadanos e insumisos que se auto-inculpan en Madrid con "los Jordis"
18 de decembro de 2014Merecemos otro Madrid... ¡Y vamos a conseguirlo! (en) Traducir
14 de xaneiro de 2014Moure fitxa: convertir la indignació en canvi polític (en) Traducir
Tabakalera Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiLolo Rico Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel Alba Rico Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1895071 Twitter: SantiagoAlbaR Dialnet: 605141 Editar o valor em Wikidata
Santiago Alba Rico nunha charla-coloquio en Terrassa, maio de 2008.

Traxectoria editar

É fillo da cineasta e periodista Lolo Rico, directora do programa infantil La Bola de Cristal (no que Santiago comezou como guionista entre 1984 e 1988) e bisneto do que fora ministro e Presidente das Cortes, Santiago Alba Bonifaz.

Licenciouse en Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. De formación marxista e de esquerdas, publicou varios libros de ensaio sobre disciplinas como filosofía, antropoloxía e política, amais de colaborar como redactor en revistas e medios de comunicación, como Gara, Renderén, Archipiélago: Cuadernos de crítica de la cultura, LDNM, Público, o Comité de Solidaridad con la Causa Árabe ou Rebelión. É participante activo en varios medios de comunicación alternativos[1].

Traduciu ao castelán autores en lingua árabe, como o poeta exipcio Naguib Surur ou o escritor iraquí Mohamed Judayr.

Participou no libro Washington contra el mundo (Foca, Madrid, 2003) e no guión do documental Bagdad Rap (Arturo Cisneros, 2005).

Traducións editar

  • Naguib Surur: Hacer imprescindible lo que es necesario (1990, xunto a Javier Barreda).

Notas editar

  1. Santiago Alba: "Cuba está en la vanguardia de los procesos de emancipación de América Latina" Arquivado 05 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (entrevista a Santiago Alba Rico para cubainformación.tv).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar