Reino Unificado

(Redirección desde «Reino Unificado (Terra Media)»)

O Reino Unificado (tamén chamado Reino Reunido) é un reino ficticio pertencente ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. É o nome co que se coñeceu á unificación dos reinos de Gondor e Arnor trala Guerra do Anel, acontecida a finais da Terceira Idade do Sol. As súas capitais eran Annúminas (capital de Arnor) e Minas Tirith (capital de Gondor).

O seu primeiro rei foi Aragorn II, coroado co nome de Elessar, quen foi sucedido polo seu fillo Eldarion trala súa morte no ano 120 da Cuarta Idade do Sol.

Mantívose a senescalía que anteriormente gobernou Gondor cando a liñaxe dos reis se cortou, aínda que os senescais non conservaban os mesmos poderes de antes e estaban baixo as ordes do Rei. Porén, recibiron un novo título, o de Príncipes de Ithilien, e a partir de entón viviron en Emyn Arnen. O primeiro senescal do Reino Unificado foi Faramir, fillo do anterior senescal, Denethor II, e o cargo seguiu herdándose de pai a fillo.