Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve

reino do sur de Europa e Sudamérica entre 1815 e 1822

Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve foi a designación oficial asumida o 16 de decembro de 1815, a elevación do entón Estado do Brasil (1621-1815), unha colonia portuguesa, ao Reino Unido co Reino de Portugal, a súa metrópole soberana até entón, e o Algarve, debido ao traslado da familia real e da nobreza portuguesa cara ao Brasil por mor da Guerra Peninsular.

Modelo:Xeografía políticaReino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 20°S 40°O / -20, -40Coordenadas: 20°S 40°O / -20, -40
CapitalRío de Xaneiro
Lisboa (1821–1825) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación16 de decembro de 1815 Editar o valor em Wikidata
Disolución7 de setembro de 1822 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porImperio do Brasil e Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoLista de cortes em Portugal (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
MoedaReal portugués Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A creación do Reino Unido viu da man do entón Príncipe rexente Xoán María de Braganza, futuro Rei Xoán VI, tralas invasións napoleónicas a Portugal. O Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve tivo só dous reis, Dona María I, que era a Raíña de Portugal antes da elevación do Brasil ao Reino Unido con Portugal, e Xoán VI, que antes da morte da súa nai a Raíña María I, xa gobernaba como Príncipe Rexente. A capital do reino era a cidade do Río de Xaneiro.

O Brasil desmembrouse coa súa independencia o 7 de setembro de 1822, proclamada polo fillo do Rei Xoán VI, D. Pedro de Alcántara de Braganza, futuro emperador D. Pedro I do Brasil e Rei D. Pedro IV de Portugal, que antes da independencia era o herdeiro do trono como Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Tal episodio resultou na fundación do Imperio do Brasil e, por conseguinte, no desmembramento do entón territorio brasileiro do imperio de ultramar portugués.