Regra (instrumento)

A regra graduada[1] é un instrumento de medición con forma plana delgado e rectangular que inclúe unha escala graduada dividida en unidades de lonxitude, por exemplo, centímetros ou polgadas; é un instrumento útil para trazar segmentos rectilíneos coa axuda dun bolígrafo ou lapis, e pode ser ríxido, semirríxido ou moi flexible, elaborado de madeira, metal ou plástico, entre outros.

Regra graduada.
Regra flexible.
Variedade de regras.

A súa lonxitude total de cando en cando chega a un metro de lonxitude, sendo a maioría de trinta centímetros. Adoitan vir con gradacións de diversas unidades de medida, como milímetros, centímetros e decímetros, aínda que tamén as hai con gradación en polgadas ou en ambas as escalas.

As regras teñen moitas aplicacións, xa que tanto serven para medir como para axudar ás persoas no seu labor diario no debuxo técnico; as que hai nas oficinas adoitan ser de plástico, pero as dos talleres e carpintarías adoitan ser metálicas, de aceiro flexible e inoxidable. É un instrumento que vén no xogo de xeometría e pódese utilizar igualmente co escuadro. É moi utilizada nos estudos técnicos e materias que teñan que ver co uso de medidas, como arquitectura, enxeñaría, etc.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar