Regina Polín

filóloga, profesora e política galega
(Redirección desde «Regina Polín Rodríguez»)

Regina Polín Rodríguez, nada en Covelas (Castroverde) o 7 de setembro de 1950, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Modelo:BiografíaRegina Polín
Biografía
Nacemento(es) Regina Polín Rodríguez Editar o valor en Wikidata
7 de setembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Covelas, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Guitiriz
2015 – 2019
← Xosé María Teixido NúñezMarisol Morandeira Morandeira →
Alcaldesa de Guitiriz
2003 – 2011 – Xosé María Teixido Núñez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, filóloga, profesora de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Licenciada en Filoloxía Española pola Universidade de Santiago de Compostela, foi mestra titular de lingua Inglesa no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

Nas eleccións municipais de 2003 presentou a súa candidatura nas listas do PSdeG-PSOE, presentándose como independente en substitución do seu marido, tamén candidato á alcaldía e deputado provincial en anteriores comicios[1]. Logo de superar por 200 votos á candidatura do PPdeG, foi elixida alcaldesa coa colaboración do único representante do BNG. Máis tarde abandonou a súa independencia co ingreso no PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 2007 acadou a maioría absoluta ó facerse con 7 concelleiros dos 13 en xogo, logro recompensado cunha acta na Deputación Provincial de Lugo na que foi nomeada delegada da Área de Economía e Facenda.

Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do candidato do PPdeG Xosé María Teixido Núlez, o cal pactou co único concelleiro de Converxencia Galega. Nas municipais de 2015 volveu encabezala candidatura do PSdeG e recuperou a alcaldía por maioría simple[2]. Nas eleccións municipais de 2019 optou por non presentarse á reeleción e foi sucedida á fronte do PSdeG por Marisol Morandeira[3], a cal logrou a alcaldía por maioría absoluta[4].


Predecesor:
María José Vázquez Lorenzo
  
Alcaldesa de Guitiriz
 
2003 - 2011
Sucesor:
Xosé María Teixido Núñez
Predecesor:
Xosé María Teixido Núñez
  
Alcaldesa de Guitiriz
 
2015 - 2019
Sucesor:
Marisol Morandeira
  1. El País
  2. «Decíamos ayer», afirma la alcaldesa de Guitiriz al volver al cargo
  3. Regina Polín: «Traballei 16 anos en política. Hai que renovar»
  4. Concello de Guitiriz (ed.). "Corporación Municipal". www.concellodeguitiriz.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar