Reggie Bullock

baloncestista estadounidense

Reginald Ryedell Bullock, nado o 16 de marzo de 1991 en Baltimore, Maryland, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 m e xoga nas posicións de escolta e ala.

Reggie Bullock
Houston Rockets – No. 25
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 16 de marzo de 1991 (33 anos)
Baltimore, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Kinston (Kinston, North Carolina)
Universidade North Carolina (2010–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 25
Por Los Angeles Clippers
Carreira 2013–presente
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2013–2015)
Phoenix Suns (2015)
Bakersfield Jam (2015)
Detroit Pistons (2015–2019)
Grand Rapids Drive (2015)
Los Angeles Lakers (2019)
New York Knicks (2019–2021)
Dallas Mavericks (2021–2023)
Houston Rockets (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Bullock foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Los Angeles Clippers.[1] O 11 de xullo de 2013, asinou o seu primeiro contrato coma profesional cos Clippers.[2] Fixo o seu debut na NBA o 29 de outubro de 2013 contra os Los Angeles Lakers, anotando dous puntos.[3]

O 15 de xaneiro de 2015, Bullock foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Boston Celtics.[4]

O 9 de xullo de 2015, Bullock foi traspasado xunto a Danny Granger e Marcus Morris ós Detroit Pistons a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[5]

O 6 de febreiro de 2019, Bullock foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio de Svi Mykhailiuk e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[6]

O 16 de xullo de 2019, Bullock asinou cos New York Knicks.[7]

O 6 de agosto de 2021, Bullock asinou cos Dallas Mavericks.[8]

Notas editar

  1. "CLIPPERS LAND REGGIE BULLOCK AT NO. 25". NBA.com. 27 de xuño de 2013. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  2. "CLIPPERS SIGN REGGIE BULLOCK". NBA.com. 11 de xullo de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2013. 
  3. "Xavier Henry leads Lakers reserves in late rally over Clippers". ESPN.com. ESPN. 12 de xuño de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2013. 
  4. "Suns Acquire Reggie Bullock in Three-Team Deal". NBA.com. 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 
  5. "Detroit Pistons Acquire Marcus Morris, Reggie Bullock And Danny Granger From Phoenix". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  6. "Lakers Acquire Reggie Bullock". NBA.com. 6 de febreiro de 2019. 
  7. "New York Knicks Sign Reggie Bullock and Marcus Morris". National Basketball Association. 16 de xullo de 2019. Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  8. "Mavericks sign Reggie Bullock". Mavs.com. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar