Refrixerador (pneumática)

En pneumática o refrixerador é unha máquina que ten como obxectivo arrefriar o aire, que quentou na segunda fase da súa compresión, e deixalo a uns 25°C. Durante este proceso condénsase un 75% da auga que contén, a cal se deposita na parte inferior.

Consta dunha serie de tubos polos que circula a auga de refrixeración. O aire que se vai refrixerar circula en sentido contrario ao da auga (a contracorrente), polo exterior dos tubos. Para compresores de baixa presión, no canto de auga emprégase aire para refrixerar. Ás veces levan simplemente unhas aletas de refrixeración.