Redondela (filme)
Redondela é un filme de 1987, dirixido por Pedro Costa Musté. Reconstrúe o Caso Reace centrándose na actuación do avogado defensor e antigo líder da CEDA, José María Gil Robles. Os nomes dos protagonistas foron lixeiramente cambiados.
Redondela | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Redondela |
Director | Pedro Costa Musté |
Produtor | José Esteban Alenda e Pedro Costa Musté |
Guión | Pedro Costa Musté e Manolo Marinero |
Intérpretes | Patrick Newell, Carles Velat, Fernando Guillén, Elena María Tejeiro, Aitana Sánchez-Gijón, Carlos Larrañaga, Damián Velasco, Blanca Sendino, Agustín González |
Música | Jesús Gluck |
Fotografía | Juan Amorós |
Montaxe | Pablo García del Amo |
Estrea | 9 de febreiro de 1987 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama, Suspense |
Na rede | |
O caso Reace
editarA desaparición de catro mil toneladas de aceite de oliva dos depósitos de Reace en Guixar (Vigo) provocou un dos maiores escándalos de corrupción económica e criminal do franquismo. Durante as investigacións varios implicados e testemuñas faleceron en circunstancias non aclaradas. O xuízo comezou en outubro de 1974 cunha grande expectación, en parte debido á presunta implicación de Nicolás Franco Bahamonde, irmán do dictador. O tribunal estaba presidido por Mariano Rajoy Sobredo e entre os avogados estaban os famosos José María Gil Robles, José María Stampa Braun e Gonzalo Rodríguez Mourullo.
Argumento
editarO avogado Gil Ramos tenta aclarar ante os tribunais o roubo de catro mil toneladas de aceite dos depósitos de Acegasa, pero as persoas que poderían declarar como testemuñas morren en estrañas circunstancias.
Elenco
editar- Patrick Newell como Gil Ramos.
- Carles Velat como Padín.
- Fernando Guillén como José Luís Peña.
- Elena María Tejeiro como muller de Peña.
- Aitana Sánchez-Gijón como Luisa Peña.
- Carlos Larrañaga como Arturo Méndez.
- Damián Velasco como Ramiro Casares.
- Blanca Sendino como Matilde González Prat.
- Agustín González Fernando González Prat.
- Manuel de Blas como Valladares..
- Francisco Merino como Noceda.
- Paca Gabaldón como Yuyi.
Produción
editarO filme rodouse en Vigo e Alcalá de Henares. Durante a rodaxe, o actor protagonista, o inglés Patrick Newell desapareceu sen deixar rastro[1] e reapareceu unha semana máis tarde na Alemaña Occidental. Segundo o seu axente, foi a ese país por ser o primeiro voo que atopou no aeroporto, e o motivo da marcha foi unha gran presión psicolóxica polas longas xornadas de traballo e por non entender ningunha palabra de español.[2]
O entón alcalde de Redondela, Xaime Rei, protestou polo título do filme, alegando que o seu concello non tiña nada que ver co caso.[3]
Notas
editar- ↑ "Desaparece el actor principal de la película "Redondela"". El País (en castelán). 23 de outubro de 1986. Consultado o 27 de outubro de 2018.
- ↑ "El actor Patrick Newell reaparece en la RFA". El País (en castelán). 28 de outubro de 1986. Consultado o 27 de novembro de 2018.
- ↑ "El aceite se enfría lentamente". El País (en castelán). 5 de outubro de 1986. Consultado o 27 de novembro de 2018.