Red Cliff
Red Cliff (en chinés: 赤壁, Chì Bì) é un filme épico chinés dirixido por John Woo que se estreou en dúas partes no 2008 e no 2009. Baséase na Batalla dos Cantís Vermellos (-208 e -209) e os eventos do fin da Dinastía Han e inmediatamente anterior ó período dos Tres Reinos na China antiga. Está protagonizado por Tony Leung, Takeshi Kaneshiro, Zhang Fengyi, Chang Chen, Hu Jun, Lin Chi-ling e Zhao Wei. Foi o primeiro gran filme de Woo dende Paycheck (2003)[1] e foi o seguinte en lingua chinesa dende Hard Boiled (1992),[2] que tamén protagonizou Leung.
Red Cliff | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Chì Bì 赤壁 |
Director | John Woo |
Produtor | John Woo Terence Chang Han Sanping |
Guión | John Woo Chan Khan Kuo Cheng Sheng Heyu |
Intérpretes | Tony Leung Takeshi Kaneshiro Zhang Fengyi Chang Chen Lin Chi-ling Zhao Wei Hu Jun |
Música | Tarō Iwashiro |
Fotografía | Lü Yue Zhang Li |
Montaxe | Angie Lam Yang Hongyu Robert A. Ferretti (Parte 1) David Wu (Parte 2) |
Estudio | Beijing Film Studio China Film Group Lion Rock Productions |
Distribuidora | Avex Group (Xapón) China Film Group (China) Showbox (Corea do Sur) 20th Century Fox (Taiwán) Mei Ah Entertainment (Hong Kong) Summit Entertainment (Internacional) |
Estrea | 2008 (Parte 1) 2009 (Parte 2) |
Duración | 280 minutos (total) 140 minutos (Parte 1) 140 minutos (Parte 2) |
Orixe | China |
Xénero | Wuxia |
Orzamento | $80 000 000 |
Recadación | $248 308 170 |
Na rede | |
http://www.redclifffilm.com/ | |
Na China e en Asia, Red Cliff foi estreado en dúas partes, que fan máis de 4 horas de duración (288 minutos). A primeira parte (146 minutos) estreouse en Pequín o 2 de xullo de 2008 e a segunda (142 minutos) foi estreada na China o 7 de xaneiro de 2009. Fóra de Asia, unha única versión de 148 minutos foi estreada no 2009. Porén, a versión en dúas partes lanzouse en DVD e Blu-ray no Reino Unido o 5 de outubro de 2009,[3] e nos Estados Unidos e no Canadá o 23 de marzo de 2010.[4]
Cun orzamento estimado en US$80 million, Red Cliff é o máis caro filme asiático da historia.[5] A primeira parte recadou US$124 millóns en Asia[6] e superou o récord anterior de Titanic na China.[7]
Sinopse
editarNa China, cara ao final da Dinastía Han (208 d.C.) Cao Cao, o temíbel Primeiro Ministro (e gobernante de facto) convence ó Emperador Xian de Han de que declare a guerra ós reinos de Xu, ó oeste e ó leste, e o reino de Wu, ó sur. O seu obxectivo, segundo din, á a de unificar China polo ben do país, pero, en realidade, os seus motivos son bastante máis egoístas. Tras convencer ó Emperador, Cao Cao leva ó seu exército de case un millón de soldados á guerra. O seu primeiro obxectivo é o Reino de Xu, de recente creación, gobernado polo benevolente líder Liu Bei. Ó chegar ó Reino de Xu, as forzas de Cao Cao, superiores numéricamente, derrotan doadamente ó exército de Liu Bei. Os cidadáns de Xu foxen baixo a protección das tropas de Liu Bei e dos seus dous xenerais de maior rango (e irmáns de sangue): Guan Yu e Zhang Fei, que quedan atrás a risco das súas propias vidas para salvar ós campesiños que tentan escapar.
Personaxes
editarPersonaxes principais
editar- Tony Leung como Zhou Yu
- Chang Chen como Sun Quan
- Shidō Nakamura como Gan Xing
- Takeshi Kaneshiro como Zhuge Liang
- Zhao Wei como Sun Shangxiang
- Lin Chi-ling como Xiao Qiao
- Zhang Fengyi como Cao Cao
- Hu Jun como Zhao Yun
- Tong Dawei como Sun Shucai
- Hou Yong como Lu Su
- You Yong como Liu Bei
Notas
editar- ↑ Review: Red Cliff
- ↑ Red Cliff DVD Review
- ↑ DVD Times, 30 de setembro de 2009: Red Cliff (R2/UK BD) in October Arquivado 17 de novembro de 2009 en Wayback Machine. Re-linked 2014-04-03.
- ↑ Amazon US: Red Cliff International Version Linked 2014-04-03
- ↑ Dawtrey, A., Guider, E. "Berlin star power eclipses click pics" Arquivado 17 de setembro de 2008 en Wayback Machine., Variety, 2009-09-30. Consultado o 6 de novembro de 2009.
- ↑ "2008 Overseas Total Yearly Box Office", Box Office Mojo. Consultado o 2 de marzo de 2009
- ↑ (en chinés) [1] Arquivado 31 de agosto de 2009 en Wayback Machine., 2008-11-04. Consultado o 2 de marzo de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)