Rebordondo

parroquia eclesiástica do arciprestado da Limia na diócese de Ourense
Rebordondo
Diocese: Ourense
Arciprestado: A Limia
Área: - km²
Poboación: 218 hab. (2015)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 3

San Martiño de Rebordondo é unha parroquia eclesiástica pertencente ao arciprestado da Limia da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Cualedro e o de Monterrei. No ano 2015 tiña 218 habitantes (113 homes e 105 mulleres) distribuídos en dúas entidades de poboación Pena Verde e Rebordondo. O lugar de Paradiña no concello de Monterrei tamén pertence a esta parroquia, se ben en 2015 estaba deshabitado. Nese ano había unha diminución de 55 habitantes en relación ao ano 2000.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar