Real ecuatoriano

antiga moeda do Ecuador
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.

O real ecuatoriano foi a moeda de curso legal en Ecuador desde 1833 ata 1871, cando foi substituída polo peso ecuatoriano.

Moeda de 2 reais ecuatorianos de 1838.[1]

Historia editar

Ata 1822, a moeda habitual no territorio do actual Ecuador era o real colonial español, que foi substituído polo real colombiano, durante a época da Gran Colombia. O Ecuador independente presentou o seu propio real en 1833, cunha correspondencia de 1 a 1 con respecto ao anterior real colombiano.[2]

En 1856 fixouse unha taxa de cambio fixa co franco francés, de xeito que 8 reais equivalían a 5 francos (1 real = 62 céntimos e medio). A partir desta vinculación co franco, en 1858 emitiuse unha moeda de prata co valor de 5 francos ecuatorianos, equivalente aos 8 reais, na procura de establecer un sistema decimal, aínda que o seu uso efectivo non se estendeu máis alá de 1861.[3][4]

Desde 1862, os bancos comerciais comezaron a emitir o seu papel moeda tanto en pesos como en reais,[5] ata que que finalmente, en 1871, o real foi substituído polo peso ecuatoriano, cunha taxa de cambio de 8 reais = 1 peso.

Moedas editar

A serie de moedas do real ecuatoriano foi cuñada na Casa da Moeda de Quito, en prata con valores faciais de ¼, ½, 1, 2, 4 e 8 reais; e en ouro con valores de 1, 2, 4 e 8 escudos (1 escudo = 16 reais).[2][6]

En 1862 deixaron de cuñarse moedas expresadas en reais, aínda que se mantiveron na circulación ata 1871.[7]

Predecesor:
Real español
Real colombiano
Real ecuatoriano
1822 - 1871
Sucesor:
Peso ecuatoriano

Notas editar

  1. "2 Reales, Ecuador". en.numista.com (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 
  2. 2,0 2,1 Reynolds, Greg (2021-02-11). "Rare & Inexpensive Early Silver Coins of Ecuador". CoinWeek: Rare Coin, Currency, and Bullion News for Collectors (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 
  3. "5 Francos, Ecuador". en.numista.com (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 
  4. "Cinco francos". Numismatico.bce.fin.ec
  5. "ECUADOR -COMMERCIAL BANKS". banknote.ws. Consultado o 2023-08-23. 
  6. "Search the coin catalogue – Numista". en.numista.com. Consultado o 2023-08-23. 
  7. "Coins from Ecuador – Numista". en.numista.com. Consultado o 2023-08-23. 
  8. "4 Reales, Ecuador". en.numista.com (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 
  9. "8 Escudos, Ecuador". en.numista.com (en inglés). Consultado o 2023-08-23. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar