Rata toupa damarense
Fukomys damarensis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Cryptomys damarensis |
A rata toupa peluda, rata toupeira damarense ou rata toupa de Damara (Fukomys damarensis, Sin.: Cryptomys damarensis), tamén abreviado ás veces DMR polas súas siglas en inglés,[2] é unha especie de mamífero roedor da familia Bathyergidae. Esta rata toupa vive en túneles de Angola e Namibia (véxase Damaraland). Xunto coa rata toupeira espida, é un dos dous únicos mamíferos eusociais coñecidos, caracterizados por unha estrutura social complexa na cal só uns poucos individuos se reproducen e o resto da colonia desempeña funcións de coidado ou traballo.[3]
A especie foi descrita por primeira vez en 1838 polo naturalista irlandés William Ogilby.
Descrición
editarA rata toupa damarense ten ollos pequenos, aínda que son cegos. Teñen patas pequenas, que se usan para empurrar os seus corpos a través dos tobos e túneles, e orellas debaixo da pel. As súas fosas nasais son pequenas e pódense obstruír ao escavar nos seus extensos sistemas de túneles.
Alimentación e estilo de vida
editarBoa parte da flora das rexións secas de Angola e Namibia, para sobreviviren, manteñen a maioría dos seus nutrientes nas raíces subterráneas. Estas son as raíces nas que as F. damarensis buscan o seu sustento, aínda que son moi escasas, polo que estes roedores poden camiñar durante quilómetros para atopalas; son capaces de dispersarse por longas distancias que superan os 4km, o que indica unha gran adaptabilidade e capacidade de exploración.[4] Usan os seus dentes dianteiros para roer o chan e crear novos túneles.
Cando unha destas ratas toupa atopa unha raíz, pica nela e come só unha parte dela para que a planta non morra. Isto permítelle volver máis tarde, nas estacións secas.
Ademais, estudos sobre o comportamento no interior dos seus túneles revelan accións fascinantes como a realización de movementos ondulatorios co seu corpo, similares aos dun baile breakdance. Estas accións parecen ser desencadeadas por estímulos sensoriais específicos como vibracións e correntes de aire.[2]
Notas
editar- ↑ Child, M. F. y Maree, S. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 Rodriguez-Wagner, Cristina (2021-07-16). "Decoding the Tunnel Behavior of Damaraland Mole-rats (Fukomys damarensis)". Electronic Theses and Dissertations.
- ↑ M. Justin O'Riain; Chris G. Faulkes (2008). Judith Korb et Jürgen Heinze, ed. "African Mole-Rats: Eusociality, Relatedness and Ecological Constraints" (en inglés): 207–223. ISBN 978-3-540-75956-0. doi:10.1007/978-3-540-75957-7_10. Consultado o 9 de novembro de 2019.
- ↑ Finn, Kyle T.; Thorley, Jack; Bensch, Hanna M.; Zöttl, Markus (2022). "Subterranean Life-Style Does Not Limit Long Distance Dispersal in African Mole-Rats". Frontiers in Ecology and Evolution 10. ISSN 2296-701X. doi:10.3389/fevo.2022.879014/full.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rata toupa damarense |