Raspay (en valenciano: Raspai), tamén coñecido como El Carxe, é unha pedanía do concello de Yecla, na Rexión de Murcia. Situada na fronteira coa provincia de Alacant, forma parte da rexión do Carche, de fala valenciana.

Modelo:Xeografía políticaRaspay
el Raspai (ca) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 38°26′36″N 1°05′26″O / 38.4432, -1.0905Coordenadas: 38°26′36″N 1°05′26″O / 38.4432, -1.0905
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia
MunicipioYecla Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Altitude601 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30510 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE30043000300 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O poboamento permanente da zona remóntase a 1855, cando Antonio Ibáñez (nado na cidade albaceteña de Almansa o 9 de marzo de 1829) encargouse da reitoría da pedanía e converteuse no primeiro cura desas tierras. En 1855, data da súa entrada en Yecla, como reitor de Raspay e, moi pronto, como ecónomo da Asunción, o Concello está gobernado polo avogado Fortunato Díaz e Maza de Liñaza (1815-92), progresista partidario do xeneral Espartero.

Xeografía editar

Atópase situada na Serra das Pansas, un dos contrafortes da Serra do Carche. Dispón de varias paraxes de interese, entre os que destacan a Cova da Zurriera, a de Jaime El Barbudo e a Font de les Panses.

O núcleo está formado por dous barrios separados por un torrente. O barrio máis oriental é Enfront e o outro Darrere. Preto de Raspay está o núcleo deshabitado de Quitapellejos.

Demografía editar

Raspay ten unha poboación de 126 habitantes, 60 homes e 66 mulleres (INE 2007).

Variación demográfica de Raspay (INE)
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
147 145 135 134 135 129 128 126 119

Festividades editar

As festas patronais de Raspay celébranse a finais de xuño na honra do Sagrado Corazón de Xesús e do Doce Corazón de María. Ademais, tamén celebran San Isidoro o día 20 de maio para non coincidir coas festas de Yecla.

Véxase tamén editar