Raquel Sánchez
Raquel Sánchez Jiménez, nada en Gavà o 18 de novembro de 1975 é unha avogada e política catalá, que foi alcaldesa de Gavà desde febreiro do 2014 e, desde 2021, ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do goberno de Pedro Sánchez.
Raquel Sánchez Jiménez | |
![]() Raquel Sánchez Jiménez en 2014 | |
12 de xullo de 2021 – no cargo | |
Precedido por | José Luis Ábalos Meco |
Datos persoais
| |
Nacemento | 18 de novembro de 1975 Gavà |
Partido | Partit dels Socialistes de Catalunya |
Profesión | avogada, política |
Alma máter | Universidade de Barcelona Universidade Pompeu Fabra |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona, fixo un Mestrado de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade Pompeu Fabra.[1]
Exerceu como avogada en Barcelona e Castelldefels. O exercicio desta profesión espertou nela grande interese polos asuntos públicos e un profundo sentido da xustiza social.[2]
A súa vida política desenvolveuse durante varios anos na súa localidade natal, Gavà. Membro do Partit dels Socialistes de Catalunya desde 2003, foi concelleira do municipio de Gavà desde 2007, e tenente da alcaldía desde 2011.[3] Secretaria xeral do PSC na súa cidade desde 2012, forma parte do Consello Nacional do Partido.[4]
Foi alcaldesa da súa cidade en 2014, en substitución do tamén socialista Joaquim Balsera i García, e revalidou este cargo en dúas eleccións, a última das cales, en 2019, acadou a maioría absoluta. 0 30 de novembro de 2019 foi nomeada Vicepresidenta Institucional da Área metropolitana de Barcelona.[4]
En 2021, presentou en Gavà o "Pla de Ponent" que prevía a creación dun máximo de 4 896 vivendas, o 40 por cento delas públicas, especulando co último corredor biolóxico Garraf/Delta.[5]
O 11 de xullo de 2021 foi nomeada ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, relevando a José Luis Ábalos como ministro de Fomento[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Ruiz, Pedro (10 de xullo de 2021). "Raquel Sánchez, alcaldessa de Gavà, serà la nova ministra de Transports". El Nacional. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
- ↑ Raquel Sánchez Jiménez. Qui soc. Consultada o 27 de xaneiro de 2022.
- ↑ Sust, Toni (10 de xullo del 2021). "Raquel Sánchez, alcaldessa en els temps durs del PSC, ministra de Transport". El Periódico de Calaluña. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Sánchez Jiménez. Biografía. PSC.
- ↑ José Polo (17 de abril de 2021). "Gavà impulsa un dels plans urbanístics metropolitans més grans" (PDF). La Vanguardia. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raquel Sánchez |