Raquel Queizás é o nome artístico de Raquel García Rodríguez, unha narradora oral e actriz nacida o 4 de xullo de 1975 en Queirugás, unha pequena aldea preto de Verín, Ourense. Dende moi nova, viuse influenciada polas historias que escoitaba dos seus avós, o que espertou nela unha paixón pola narración oral, a lingua, a lectura e o teatro. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, graduándose en 1998.[1][2][3]

Comezou a súa carreira na narración oral profesional no ano 1999 [4], formando parte da compañía de teatro Berrobambán [5]e narrando historias nas principais bibliotecas de Galicia. O seu repertorio inclúe contos tradicionais[6], lendas, adaptacións de autores e creacións propias.[7] Os seus espectáculos destacan pola interacción activa co público e o uso do humor como ferramenta principal.[8]

Raquel Queizás
Raquel Queizás

Referencias

editar
  1. "Raquel Queizás". Saberes Próximos. Consultado o 2024-07-22. 
  2. "Raquel Queizás – Narración Oral Galega" (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  3. "Raquel Queizás - Maratón de los Cuentos". www.maratondeloscuentos.org. Consultado o 2024-07-22. 
  4. "Raquel Queizás: "O público infantil é moi sincero; traballar con el encántame"". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  5. "Raquel Queizás". Redescena. Consultado o 2024-07-22. 
  6. García, Beatriz Blanco (2021-05-03). "Raquel Queizás, en Zamora: “Los niños valoran ver a princesas valientes y mujeres pirata en los cuentos”". La Opinión de Zamora (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  7. "Conversamos con… Raquel Queizás | lamariola". web.archive.org. 2020-10-27. Consultado o 2024-07-22. 
  8. "Entrevista no xornal La Región". Raquel Queizás. 2011-09-25. Consultado o 2024-07-22. 

Enlaces externos

editar

Web oficial