Raposa do aire

ser mitolóxico galego

A raposa do aire[1] é un ser imaxinario propio da mitoloxía galega.[2] Non ten case nunca forma visible. É un berro dunha alma en pena con forma de raposa que bota bafaradas de lume pola boca e polos ollos. Preséntase na porta dos defuntos de alma moura e agarda por eles para llos levar ao demo.[2] Cando berra, xa está morta a persoa de que se trate. Pode ter voz de diferentes animais, e mesmo de gargalladas ou laios de neno.[2]

Raposa do aire, interpretación segundo unha intelixencia artificial.

Nomes editar

Tamén se coñece como raposa facheira, raposa de Morás, das Mordazas, das mordanzas, do Morrazo, dos morganzos, dos mornacos, de morrazos,[3] de morillas, cabra ou zorra que canta coma un galo, entre outros.[2] A raposa facheira recibe o seu nome polo lume que bota pola boca.[2]

Na tradición oral editar

Nos fondos documentais que forman o Mapa sonoro de Galicia atópase unha recollida de 1993 que fala sobre a "raposa dos morrazos".[3] A informante é unha labrega anciá de Soutullo (Erbecedo, Coristanco) que relata o seguinte:

Chamábanlle a raposa de morrazos. È víana moitos, eu nunca a vin. È nôs, ibamos ó muíño de noite, moito de noite. Se cadra inda ibamos durmir un anaco è levantabámonos è ibamos ó muíño. È por aquí abaixo, berraba un bicho. Pò nôs nunca vimos, unhas carpas si, que as sentimos, moitas veces. Pò disque bota lume pola boca, è nôs buè[no], tamên non miramos moito, pa riba.
ê coma un, nin ê animal nin ê cristiano, así da feghura dun... aghora que aí en Cereixa, estaban sentados ó, ó, no vran, así a, è víana todos, pasaba: Rrr, rrr! Ueee, ueee, ueee!
Vin quèn-as viu. Amais òíno, quèn-as viu; pò eu nunca as vin porque, nôs, sentíaamos esas ghritas de noite, aló ás tantas da noite cando ibamos ó muíño moitas veces, prò, non, nunca, non, o que èra n’o vimos. Aghora que, aseghún decía a xente, as ghritas èran coma as dèla. Bèrra ighual cá raposa.
Gravación e transcrición: A. X. Canosa Rodríguez. Compiladores: Francisco Fernández Rei e Carme Hermida Gulías.

Notas editar

  1. "Voces de aquí e acolá: Do golpe ao raposo". portaldaspalabras.gal. Consultado o 19 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 (Cuba, Miranda & Reigosa 2022, pp. 214-215)
  3. 3,0 3,1 "A raposa de morrazos". mapasonoro.consellodacultura.gal. Consultado o 19 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar