Rangsang (en indonesio: Pulau Rangsang) é unha illa no estreito de Malaca, preto da costa leste da illa de Sumatra en Indonesia. A súa superficie é de 908 km²,[1] sendo a quinta illa máis grande dunha serie de illas que se atopa fronte á costa de Sumatra, da que está separada por só uns poucos quilómetros. Esta xusto ao norte da illa Tebing Tinggi e ao leste das illas Karimun e Saban no arquipélago Riau. Un buque de guerra da Mariña de Indonesia ten o mesmo nome da illa (KRI Pulau Rangsang). Ten 60 km de longo, e ata 18 km de larga e completamente chá.

Rangsang
Pulau Rangsang
Rangsang en Indonesia
Rangsang
Rangsang
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Riau
MarEstreito de Malaca, no océano Índico
Coordenadas1°01′00″N 102°56′00″L / 1.01667, -102.93333Coordenadas: 1°01′00″N 102°56′00″L / 1.01667, -102.93333
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie907´7 km²
Longura máxima60 km.
Largura máxima18 km.
Demografía
CapitalTanjung Samak / Banto
Poboación57.876 (2007)
Densidade63´8 hab./km²

Administrativamente, a illa pertence ao distrito de goberno (Kabupaten) Meranti Kepulauan da provincia das illas Riau e componse de dous sub-distritos (Kecamatan) Rangsang e Rangsang Barat con 57.876 habitantes (2007). As dúas cidades principais son Tanjung Samak na costa sueste e Banto no oeste da illa.

Notas editar

  1. http://islands.unep.ch/IHB.htm#700 Arquivado 10 de xuño de 2020 en Archive.is UNEP Islands

Véxase tamén editar