Randy Wittman
Randy Scott Wittman, nado en Indianápolis, Indiana, o 21 de outubro de 1959 é un ex xogador e adestrador profesional estadounidense de baloncesto.
Randy Wittman | |
---|---|
Posición | Escolta |
Dorsal | 10, 14 |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Nacemento | 21 de outubro de 1959 (63 anos)![]() |
Carreira | |
Instituto | Ben Davis (Indianápolis, Indiana) |
Universidade | Indiana (1978–1983) |
NBA Draft | 1983 / Rolda: 1 / Elección: 22 Por Washington Bullets |
Tempadas | 1983–1992 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 4 034 (7,4 pp) |
Rebotes | 760 (1,4 pp) |
Asistencias | 1 201 (2,2 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Traxectoria profesionalEditar
XogadorEditar
Wittman foi seleccionado na 22ª posición do Draft da NBA de 1983 polos Washington Bullets. Nunca chegou a xogar cos Bullets xa que foi traspasado ós Atlanta Hawks. Xogou a maior parte da súa carreira coma xogador nos Hawks, antes de xogar unha pequena etapa nos Sacramento Kings.
Tras xogar tres anos nos Indiana Pacers, retirouse tras a tempada 1991-92. Durante a súa etapa coma xogador, Wittman acadou 7.4 puntos, 1.1 rebotes e 2.2 asistencias por encontro
AdestradorEditar
En 1992 comezou a súa etapa coma adestrador, e foi asistente dos Indiana Pacers, Dallas Mavericks e Minnesota Timberwolves antes do seu primeiro traballo coma adestrador principal nos Cleveland Cavaliers. Estivo dúas tempadas en Cleveland nas que tivo un récord de 62-102.
O 4 de xuño de 2012, Wittman converteuse no adestrador principal dos Washington Wizards tras o despido de Flip Saunders.[1] Os Wizards despediron a Wittman o 13 de abril de 2016 tras non conseguir a clasificación para os Playoffs.[2]
NotasEditar
- ↑ Post Sports Editors (2012-06-04). "Wittman to return as Wizards head coach". Washington Post.
- ↑ "Wizards fire coach Randy Wittman after team misses playoffs". ESPN.com. 14 de abril de 2016. Consultado o 14 de abril de 2016.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil coma adestrador en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas coma xogador en Basketball-Reference.com Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas coma adestrador en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)