Abrir o menú principal

Ramon d'Abadal i Calderó

Ramon d'Abadal i Calderó, nado en Vic en 1862 e finado en Rupià en 1945, foi un político catalán.

Ramon d'Abadal i Calderó
Raymon d'abadal.jpg
Raimundo de Abadal y Calderó
Datos persoais
Nacemento1862
 Vic
Falecemento1945
 Rupià
OrganizaciónLliga Regionalista de Catalunya
ProfesiónAvogado e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou dereito en Barcelona, foi dirixente da Lliga Regionalista dende a súa fundación en 1901, foi presidente do Ateneu de Barcelona (1902) e da Acadèmia de Jurisprudència i Legislació de Catalunya, alcalde de Barcelona (1903 e 1911). Foi tamén senador por Barcelona (1907-1918).

En 1917 foi presidente da Asemblea de Parlamentarios que se reuniron en Barcelona. Presidente da Lliga Regionalista dende 1917 ata 1936. Decano do colexio de Avogados de Barcelona, en 1926 o goberno de Miguel Primo de Rivera destitúeo, mándao a prisión e acaba no desterro en Alcalà de Xivert (Castelló).

Durante a República foi deputado nas Cortes e no Parlamento de Cataluña. En 1936 exiliouse en Italia e deu o seu apoio á sublevación contra da República.

Véxase taménEditar