Abrir o menú principal

Ramiro Varela Peón

alcalde de Agolada

Ramiro Varela Peón, nado en Artoño (Agolada) o 23 de xullo de 1956, é un político galego.

Ramiro Varela Peón
Nacemento23 de xullo de 1956
 Artoño, Agolada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu sogro, Manuel Costa Casares, foi o anterior alcalde de Agolada e o primeiro da democracia. Varela é tamén presidente do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

Varela entrou no consistorio como porteiro, ascendeu a auxiliar administrativo e máis adiante xuíz de paz e responsable da brigada de Protección Civil. Varela participou en 1991 na lista do Partido Popular como suplente, posto que repetiu ata 1999. En 2003 era o número 11 (o último da lista de candidatos); accedeu á alcaldía tras a renuncia doutros tres candidatos da lista do PPdeG local, o que posibilitou que Varela pasase do posto 11 ó 7 e puidese ser elixido edil.[1] Foi alcalde de Agolada polo Partido Popular de Galicia (PPdeG) de 2005 a 2019. Foi deputado provincial.


Predecesor:
Manuel Costa Casares
  
Alcalde de Agolada
 
2005 - 2019
Sucesor:
Luís Calvo Miguélez

Vida persoalEditar

Está casado e ten dúas fillas.

NotasEditar

  1. Un último pitillo como alcalde. www.farodevigo.es, sen data. (en castelán)

Véxase taménEditar