Manuel Costa Casares

político galego

Manuel Costa Casares, nado en Agolada en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2014[1], foi un político galego do PPdeG que foi 26 anos alcalde de Agolada.

Modelo:BiografíaManuel Costa Casares
Biografía
Nacemento1934 Editar o valor en Wikidata
Agolada, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Agolada
1979 – 8 de novembro de 2005 (dimisión)
← Luís Yebra-Pimentel VidalRamiro Varela Peón → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Rexentaba unha empresa de transporte de viaxeiros e mercancías. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo cinco concelleiros, por seis de Alianza Popular, un de UG e outro do PSdeG. Os concelleiros de UG e PSdeG pactaron con UCD e permitiron gobernar a Manuel Costa. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo PPdeG, volveu revalidar a maioría absoluta, que repetiu nas sucesivas eleccións. En novembro de 2005 decide abandonar a alcaldía, sendo substituído polo seu xenro Ramiro Varela Peón[2].


Predecesor:
Luis Yebra-Pimentel Vidal
  
Alcalde de Agolada
 
1979 - 2005
Sucesor:
Ramiro Varela Peón
  1. "Falece esta madrugada o ex alcalde de Agolada, Manuel Costa Casares", artigo en La Voz de Galicia, 6 de febreiro de 2014.
  2. Un último pitillo como alcalde. www.farodevigo.es, sen data. (en castelán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar