Ramón Toimil Saavedra

político galego

Ramón Toimil Saavedra, nado en Mugardos en 1943 e finado no mesmo concello o 8 de febreiro de 2020, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaRamón Toimil Saavedra
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mugardos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Operario de Bazán. Afiliado do PSdeG-PSOE dende 1981,[1] foi concelleiro en Mugardos tralas eleccións municipais de 1983 e 1987, cando encabezou a candidatura Rosa Gómez Limia. Foi candidato á alcaldía nas municipais de 1991 e foi elixido alcalde co apoio do PPdeG, feito polo cal foi expulsado do partido xunto cos demais concelleiros,[2] dado que se lles indicara que debían favorecer a investidura de Esquerda Unida, que fora a candidatura máis votada. Porén, dita suspensión foi levantada por Ferraz en decembro de 1994, e en xaneiro de 1995 volveron formar parte do PSdeG,[3] sendo de novo candidato á alcaldía por esta formación nas eleccións municipais dese mesmo ano. Nestas, foi reelixido alcalde como cabeza da candidatura máis votada, gobernando en minoría. Tralas municipais de 1999 volveu ser elixido, pero nesta ocasión mediante un pacto con Esquerda de Galicia e o BNG. Nas municipais de 2003 perdeu a alcaldía en favor do BNG, co que gobernou en coalición ata setembro de 2005.[4] Non se presentou de novo en 2007 e retirouse da primeira liña política.


Predecesor:
Manuel Fariña Doval
  
Alcalde de Mugardos
 
1991 - 2003
Sucesor:
Xosé Fernández Barcia

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 13-5-1993, p.45.
  2. La Voz de Galicia, 20-6-1991, p.24.
  3. La Voz de Galicia, Ferrol, 31-1-1995, p.34.
  4. El PSOE de Mugardos romperá su pacto con el BNG

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar