Ramón Plasencia Ruibal

xornalista galego

Ramón Plasencia Ruibal, nado na Coruña o 7 de outubro de 1874 e finado en Xixón a finais dos anos vinte, foi un xornalista galego.

Ramón Plasencia Ruibal
Nacemento7 de outubro de 1874
Lugar de nacementoA Coruña
Falecementoanos 1920
Lugar de falecementoXixón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do tenente coronel Alfredo Plasencia Cassina. Colaborou en El Reservista e foi correspondente de El Correo Militar na Coruña (1895-1896). Marchou despois a Granada. Regresou a Galicia e colaborou en La Nueva Época de Ourense e La Correspondencia Militar, La Nación Militar e La Mañana de Madrid. Trasladouse a Monforte de Lemos onde foi correspondente de El Correo de Lugo e dirixiu o semanario El Cantaclaro. Pola súa actividade xornalística foi ameazado e perseguido por persoeiros monfortinos; Manuel Arias Rodríguez interpuxo contra el querela criminal por suposto delito de inxurias e calumnias en 1900,[1] e chegou a ser detido en maio. Posteriormente foi redactor de El Pueblo de Betanzos e El Heraldo de Galicia da Coruña. Foi nomeado oficial primeiro da Secretaría da Escola de Comercio de Palma de Mallorca en 1910.[2] Trasladouse despois a Xixón, onde foi Oficial da Secretaría da Escola de Comercio e secretario da Cámara de Comercio. Desde Xixón colaborou en La Voz de Galicia, El Eco de Santiago e El Correo Gallego.

Recoñecementos editar

Foille concedida a Cruz de Isabel a Católica (1897).

Vida persoal editar

Casou con Genoveva Sotelo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). Deputación Provincial, ed. A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo. pp. 210–212. ISBN 84-8192-110-6.