Ramón Piñeiro Romero

político galego

Ramón Piñeiro Romero, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1900 e finado en Cacheiras o 14 de setembro de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaRamón Piñeiro Romero
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Cacheiras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Electricista. Empregado da Compañía Electra de Padrón. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Padrón. Músico afeccionado, tocaba a gaita e o acordeón; con varios amigos formou o conxunto musical A Rolda, que se dedicaba a actuar nas verbenas, e onde Ramón era a voz solista. Actuou en mitins para pedir o SI no referendo do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integróuse no Comité Revolucionario da Frente Popular e participou na organización da resistencia ao golpe. Foi detido e ingresado no cárcere de Padrón o 30 de xullo. O 30 de agosto foi trasladado á Cadea de Santiago de Compostela. Foi sacado do cárcere por un grupo de falanxistas e asasinado en Cacheiras a noite do 14 de setembro.[1] O 5 de outubro apareceu na prensa unha requisitoria do Xulgado Militar.[2][3]

Notas editar

  1. Segundo Romero Mengotti, probablemete ao confudilo co fuxido alcalde de Padrón Ramón Piñeiro Eiriz.
  2. El Eco de Santiago, 5-10-1936, p. 2.
  3. El Compostelano, 5-10-1936, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Romero Mengotti, Manuel (2013). El defensor. Finis Terrae Ediciones. pp. 184–188. ISBN 978-84-941045-2-7. 

Ligazóns externas editar