Ramón Mayán Ramos

sindicalista galego

Ramón Mayán Ramos, Cantino, nado en Noia en 1910 e finado en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 1936, foi un sindicalista galego.

Infotaula de personaRamón Mayán Ramos
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCantino Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Camareiro de profesión, estaba afiliado ao Sindicato de Oficios Varios da CNT de Noia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uniuse a un grupo de mineiros de San Finx e outros traballadores sindicalistas para mobilizarse contra a conspiración. Detido en Compostela, foi xulgado por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936.

A súa figura chegou a formar parte da ficción co nome de Dombodán no libro O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar