Abrir o menú principal

Ramón María Tenreiro

escritor e político galego

Ramón María Tenreiro Rodríguez, nado na Coruña en 1879 e finado en Bine (Suíza) en 1939, foi un escritor e un político galego. Era irmán do arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez.

Ramón María Tenreiro
1908-07-14, El Cuento Semanal, Embrujamiento, de Ramón M. Tenreiro, Tovar (cropped).jpg
Nome completoRamón María Tenreiro Rodríguez
Nacemento1879
 A Coruña
Falecemento1939
 Suíza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e político
IrmánsAntonio Tenreiro Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ramón Tenreiro estudou no Instituto Eusebio da Guarda na Coruña e logo en París, onde foi compañeiro de Picasso. Licenciouse en Dereito. De natureza enfermiza, aínda novo foille amputada unha perna.

Amigo persoal de Manuel Azaña, foi militante de ORGA primeiramente e máis tarde seríao de Izquierda Republicana. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Cando estalou a guerra civil española foi nomeado secretario da embaixada española de Berna (Suíza). Faleceu en Bine, nas beiras do lago Neuchâtel, en 1939.

Escribiu narracións en lingua castelá e traduciu do alemán algunhas obras. Algunhas das súas narracións foron vertidas a outros idiomas. Así mesmo colaborou en diversas revistas e xornais.

ObraEditar

Autoría propia (selección)Editar

  • La agonía de Madrid o la cola del cometa (1910)
  • La promesa (1926)
  • La esclava del Señor (1927)
  • La ley del pecado (1930)

Traducións (selección)Editar

AdaptaciónsEditar

Véxase taménEditar