Ramón Félix Blanco Gómez
Ramón Félix Blanco Gómez, nado en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar) o 20 de maio de 1945 e finado en Ventín (Ames) o 25 de decembro de 2001,[1] foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1945 Santa Marta de Moreiras, España |
Morte | 25 de decembro de 2001 (56 anos) Ventín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarEmigrado en Suíza, foi redactor da revista El Obrero, editada pola Federación da construción da Unión Sindical suíza. De volta a Galicia, foi elixido secretario de organización da Unión General de Trabajadores (1979), secretario de organización do PSdeG-PSOE e deputado do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE nas tres primeiras lexislaturas (1981-1993). Formou parte do primeiro goberno da Xunta en xuño de 1979, presidido por Xosé Quiroga Suárez, por un breve período pois dimitiu o 6 de decembro dese ano. Foi soterrado en Xinzo de Limia.
Vida persoal
editarCasou con Vita Portela Ribero e foi pai de Roberto, Ana e Aida Blanco Portela.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-12-2001, p. 47.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 108–110. ISBN 84-7507-044-2.