Camilo Varela Mariño

médico e político galego
(Redirección desde «Ramón Camilo Varela Mariño»)

Ramón Camilo Varela Mariño é un médico e político galego, do PPdeG.

Modelo:BiografíaCamilo Varela Mariño
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Val do Dubra
2011 – 2015
← Juan Manuel BaleatoAntonio Negreira Noya → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Val do Dubra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Médico destinado a Val do Dubra, Varela Mariño foi elixido concelleiro en 1991 como número 5 nas listas do Partido Popular, encabezadas por Juan Manuel Baleato. Nas seguintes convocatorias foi o número 2 e man dereita do alcalde. Ao renunciar este en outubro de 2011 logo dunha sentenza de inhabilitación, Camilo foi elixido para a alcaldía, se ben por estar de vacacións tardou uns días en poder tomar posesión, e foi substituído temporalmente por Rosa Parafita[1].

No 2015 o PPdeG perdeu as eleccións, pasando 6 a 3 edís, en parte por unha escisión cara a TEGA, gañando Anova os comicios e sendo elixido alcalde en minoría o seu candidato, Antonio Negreira Noya. Desta forma situouse na oposición todo o mandato, e no 2019 retirouse da primeira liña política.


Predecesor:
Juan Manuel Baleato
  
Alcalde de Val do Dubra
 
2011 - 2015
Sucesor:
Antonio Negreira Noya

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar