Antonio Negreira Noya
Antonio Negreira Noya, nado en Insua (San Román, Val do Dubra) en 1956,[1] é un profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Insua, España |
Alcalde de Val do Dubra | |
2015 – 2019 ← Camilo Varela Mariño – José Manuel Varela Ferreiro → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Traxectoria
editarProfesor de Formación Profesional. No 2003 foi candidato á alcaldía de Val do Dubra polo BNG e logrou se-la segunda forza máis votada tralo PPdeG, mellorando resultados en 2007 e 2011, cando os populares lograron a maioría absoluta pola mínima. Trala convocatoria de 2011 foi elixido deputado provincial por Santiago. En 2012 abandonou o BNG[2] renunciando á acta de deputado, pero mantendo a de concelleiro.
Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura de Son de Val do Dubra-ANOVA, gañou as eleccións con maioría simple e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada.[3], tendo que enfrontarse a un bloqueo constante por parte dos grupos da oposición, o PPdeG, TEGA (escindidos dos populares) e un concelleiro independente. Presentouse novamente como candidato ao concello nas municipais de 2019, e malia que volveu se-la lista máis votada, pese a perder 2 concelleiros en favor do PSdeG, non foi reelixido alcalde[4], logrando a alcaldía José Manuel Varela Ferreiro, do PPdeG[5], co apoio de TEGA e un concelleiro independente. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura de Anova e foi a terceira forza con 3 concelleiros, apoiando a investidura do socialista Diego Díaz Méndez (tamén 3 concelleiros pero con máis votos), pasando a se-lo primeiro tenente de alcalde deste e concelleiro de obras.
Predecesor: Ramón Camilo Varela Mariño |
Alcalde de Val do Dubra 2015 - 2019 |
Sucesor: José Manuel Varela Ferreiro |
Notas
editar- ↑ Manteiga, Marcos (2 de maio de 2019). "Antonio Negreira Noya: "Puxemos Val do Dubra ao servizo dos veciños e rematamos coas prácticas de privilexios"". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019.
[...] Antonio Negreira naceu en Insua, Val do Dubra, e aínda que en principio resístese, confesa que xa ten 63 anos [...]
- ↑ Araújo, E. (14 de abril de 2012). "El único diputado provincial del BNG por Santiago se va del partido y renuncia al acta". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ A. R., E. (14 de xuño de 2015). "Antonio Negreira consigue la alcaldía de Val do Dubra solo con sus votos". La Voz de Galicia.
- ↑ Araújo, E. (16 de xuño de 2019). "José Manuel Varela devuelve la alcaldía de Val do Dubra al PP con el voto de Terra Galega y del concejal independiente". La Voz de Galicia.
- ↑ Concello de Val do Dubra na FEGAMP