Ramón Area Carracedo
Ramón Area Carracedo, nado en Ourense en 1969, é un médico psiquiatra e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Ourense, España |
Formación profesional | Licenciado en Medicina |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | psiquiatra, escritor |
Empregador | Hospital Psiquiátrico de Conxo |
Familia | |
Pai | Ramón Area Míguez |
Irmáns | Iván Area |
Traxectoria
editarRamón Area Carracedo estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Con posterioridade, fixo a especialidade de psiquiatría na cátedra do antigo Hospital Xeral de Galicia en Santiago, para traballar, máis tarde, no Hospital Calde de Lugo durante un longo período de tempo que o marcaría profundamente, tanto no profesional como no persoal.[1]
Actualmente desenvolve a súa profesión nunha Unidade de Rehabilitación do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela.[1]
Desde hai anos é membro activo da Asociación Galega de Saúde Mental da cal é o seu presidente.[1]
Publicacións
editarPsiquiátricas
editarRamón Area ten escrito numerosos artigos científicos en revistas nacionais e internacionais, sobre todo no Siso Saúde, unha publicación periódica editada pola Asociación Galega de Saude Mental.[1]
É autor, entre outros, de libros como:
- Sobre las alucinaciones (2004)
- Psicopatoloxía do retorno (2007), en colaboración con Alexandre García Caballero, premio Ramón Piñeiro de ensaio 2006. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-123-9.[2][3]
- Arquitecturas da infancia (2010), en colaboración con Luis Vila Pillado. Ames: Laiovento. ISBN 9788484871798[4]
Así mesmo, publicou moitos traballos en monografías colectivas, como:[1]
- La esquizofrenia hoy (1997)
- Temas psiquiátricos (2002)
- O saber holístico: Homenaxe ao profesor Rof Carballo (2005). Vigo: Editorial Galaxia
- Sobre la conciencia (2006). Vigo : Asociación Galega de Saúde Mental. ISBN 84-935033-3-9[5]
- Verbas de outono (2006)
- Verbas de outono (2007)
Novela
editarEn decembro de 2015 presentou a súa primeira novela, Tempo de Pedra,[1] publicada por Editorial Canela. ISBN 978-84-6084-348-1. En 2020, publicou en Edicións Positivas, Camiño negro.[6]
Vida persoal
editarÉ fillo do escritor e profesor de filosofía Ramón Area Míguez e irmán do profesor de matemáticas e xestor da Universidade de Vigo, Iván Area.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ramón Area Carracedo en Editorial Canela.
- ↑ Ramón Area Carracedo en Dialnet.
- ↑ "Psicopatoloxía do retorno". editorialgalaxia.gal. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "Arquitecturas da infancia: escenarios e teatros na construción social da infancia". catalogo.bne.es. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "Sobre la conciencia". catalogos.mecd.es. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "CAMIÑO NEGRO". follasnovas.com. Consultado o 15 de outubro de 2022.