Rally Terra da Auga

proba automobilística
(Redirección desde «Rally Terras do Mandeo»)

O Rally Terra da Auga é unha proba de rally organizada dende 2014 nas comarcas de Betanzos e Arzúa, polo equipo A.D.N. Motor, ligado á Escudería Coruña,[1] e que é puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys.

Rally Terra da Auga
Xevi Pons, tres veces gañador do rally, na edición de 2018
Fundación2014
RexiónComarca de Betanzos
Comarca de Arzúa
Máis laureadoEspaña Xevi Pons
OrganizadorA.D.N. Motor
Sitio webrallydaauga.com

Ata 2020 foi puntuable para o Campionato de España de Rallys de Terra. Inicialmente recibiu o nome de Rally Concello de Curtis, despois pasou a chamarse Rally Terras do Mandeo e dende 2017 leva o nome actual.[2][3]

Historia

editar

Na súa primeira edición disputouse no concello de Curtis, onde o piloto de Vimianzo Amador Vidal se fixo coa vitoria aos mandos dun Volkswagen Polo N1, cunha vantaxe de máis de dous minutos sobre Nil Solans que foi segundo cun Škoda Fabia S2000. O podio completouno Juan Pablo Castro cun Subaru Impreza STi N15. Ao ano seguinte a proba contou coa presenza do estoniano Karl Kruuda, piloto do Campionato do Mundo, que se impuxo con clara vantaxe co seu Citroën DS3 R5, fronte a Amador Vidal, esta vez segundo clasificado e Ángel Pérez "Lanchiñas", terceiro cun Mitsubishi Lancer Evo IX. Na súa terceira edición a organización realizou o primeiro cambio de nome, pasando a proba a chamarse Rally Terras do Mandeo. Xevi Pons, na súa segunda participación, logrou a vitoria co Peugeot 208 N5, mesmo modelo de vehículo que o que logrou o triunfo en 2017, esta vez nas mans de José Antonio Suárez. Ese ano a proba cambiou de novo o nome a rally Terra da Auga, en referencia á abundante presenza da choiva e pasou a celebrarse no mes de maio. En 2018 Pons logrou a súa segunda vitoria, esta vez co Peugeot 208 T16 e ao ano seguinte a terceira cun Škoda Fabia R5, edición que foi ademais puntuable para o recentemente estreado Súper Campionato de España de Rally.

 
O piloto belga Guillaume de Mevius na edición de 2019

Palmarés

editar
Ano Nome Piloto Copiloto Automóbil Series
2014 1º Rally Concello de Curtis   Amador Vidal   Fran Lema Volkswagen Polo N1 CERT
2015 2º Rally Concello de Curtis   Karl Kruuda   Martin Järveoja Citroën DS3 R5 CERT
2016 3º Rally Terras do Mandeo   Xevi Pons   Xavier Amigò Peugeot 208 N5 CERT
2017 4º Rally Terra da Auga   José Antonio Suárez   Cándido Carrera Peugeot 208 N5 CERT
2018 5º Rally Terra da Auga   Xevi Pons   Rodrigo Sanjuan Peugeot 208 N5 CERT
2019 6º Rally Terra da Auga   Xevi Pons   Rodrigo Sanjuan Škoda Fabia R5 CERT, S-CER
2020 7º Rally Terra da Auga   Nil Solans   Claudi Ribeiro Škoda Fabia R5 CERT, S-CER
2021 8º Rally Terra da Auga   José Antonio Suárez   Alberto Iglesias Škoda Fabia R5 S-CER, CERT
 
Os irmáns Sergio e Diego Vallejo na edición de 2019.
  1. "La Escudería". www.escuderiacoruna.com. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  2. "Presentación". www.rallydaauga.com. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  3. "Rally Concello de Curtis". www.ewrc-results.com. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar