Rafael de Balbín Lucas
catedrático e escritor español
Rafael de Balbín Lucas, nado en Alcañices (provincia de Zamora) o 5 de marzo de 1910 e finado o 27 de xaneiro de 1978 en Madrid, foi un catedrático universitario e escritor español en lingua castelá, especialista na obra de Gustavo Adolfo Bécquer.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1910 Alcañices, España |
Morte | 27 de xaneiro de 1978 (67 anos) Madrid, España |
Catedrático Universidade de Madrid | |
1948 – | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Zaragoza Universidade de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | escritor, filólogo, profesor universitario, romanista |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Oviedo |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Enrique Rull Fernández |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Valencia e en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, foi catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Oviedo e de gramática xeral e de crítica literaria na Universidade Central de Madrid. Foi, primeiro secretario e despois director, do Instituto Miguel de Cervantes do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Obra
editarSelección:
- Romances de Cruzada, Santarén, 1941.
- Días con dios, Ediciones Rialp, 1951.
- Poetas modernos (siglos XVIII y XIX), CSIC, 1953.
- Sistema de ritmica castellana. Editorial Gredos, 1962.
- Gramática de la lengua vulgar de España, CSIC, 1966.
- Poética becqueriana, Prensa Española, 1969.
- Sacrificio y alegría, Ediciones Rialp, 1973.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarLigazóns externas
editar- Garrido Gallardo, M. Á. (1978-1980). "Necrología. Rafael de Balbín (5-III-1910 / 27-I-1978)" (PDF). Revista de Filología Española (60): 345–353. ISSN 0210-9174.