Rafael Prado Fraguas

futbolista galego

Rafael Prado Fraguas, nado en Ourense o 2 de xaneiro de 1957 e finado en Madrid o 3 de xullo de 2016,[1] foi un futbolista galego que xogaba de defensa. A súa carreira desenvolveuna principalmente no Atlético de Madrid, pero estivo marcada por unha grave lesión sufrida en 1976.

Modelo:BiografíaRafael Prado Fraguas
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,75 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata - 1981 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Atlético de Madrid
  Celta de Vigo

Traxectoria

editar

Nado en Ourense, comezou a xogar ao fútbol no Atlético Juventud do barrio da Lonia. Con varios equipos interesados nel, Fernando Bouso levouno a Madrid para probar no Atlético de Madrid, e alí ingresou na canteira do club vermello e branco.[2][3] O 6 de abril de 1974, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na Primeira División da man do adestrador Luis Aragonés, que tivo que recorrer a el nun partido contra o Murcia por mor das baixas por lesión de Eusebio Bejarano e Domingo Benegas e por sanción de Ramón Heredia e Rubén Osvaldo Díaz.

Durante os seguintes tres anos gañou co equipo madrileño unha Copa Intercontinental, unha Copa do Rei e unha liga, e debutou na Recopa de Europa, pero a súa carreira viuse truncada o 8 de febreiro de 1976, pouco despois de cumprir 19 anos, cando nun partido contra a UD Salamanca, un choque con Santiago Bartolomé Rial rompeulle a tibia e o peroné. Reapareceu dous anos e unha semana despois, nun partido da Copa do Rei contra a UD Las Palmas. Con todo, só 11 días despois da súa reaparición volveu sufrir unha grave lesión nun partido de liga contra o Cádiz, precisando 22 puntos de sutura.[4] Non volveu xogar esa tempada, mentres que na seguinte pasou ao filial, co que disputou 22 encontros na Segunda B. Nas campañas 1979/80 e 1980/81 xogou sete partidos co primeiro equipo.

No verán de 1981, o club decidiu non seguir contando cos seus servizos, polo que Fraguas regresou a Galicia, onde estivo a proba polo Celta de Vigo de Pavić, co que xogou 65 minutos nun partido amigable contra o Porriño, sen chegar a fichar finalmente.[5] Volveu entón a Madrid, onde xogou co Torrejón na Segunda B. En 1982 volveu á súa cidade natal e fichou polo Ourense, co que xogou durante dúas tempadas na Terceira División.[6] Na campaña 1985/86 xogou no Daimiel, da mesma categoría.

Faleceu o 3 de xullo de 2016, aos 59 anos.[1]

Palmarés

editar

Atlético de Madrid

  1. 1,0 1,1 "Fallece, Rafael Prado Fraguas, ‘ex’ del Atlético de Madrid". Mundo Deportivo (en castelán). 3 de xullo de 2016. Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  2. Alfaro, Toño (4 de xullo de 2016). "La estrella que no brilló por las lesiones: Fraguas" (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  3. Rodríguez, Luis Manuel (4 de xullo de 2016). "Murió Fraguas, exfutbolista ourensano del Atlético de Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  4. "Fraguas, 22 puntos de sutura". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de febreiro de 1978. p. 39. 
  5. "Venció el Celta al Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de agosto de 1981. p. 44. 
  6. "El Orense quiere ascender a Segunda «B»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1982. p. 27. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar