Milorad Pavić
Milorad Pavić (Милорад Павић / Prounciado: /'mîlɔ̝raːd 'pǎːv̞it͡ɕ'), nado o 21 de novembro de 1921 en Valjevo e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 2005, foi un futbolista e adestrador de fútbol serbio.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1921 Valjevo (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 16 de agosto de 2005 (83 anos) Valjevo (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Iugoslavia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista , adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarGran parte da súa carreira deportiva desenvolveuna no Estrela Vermella de Belgrado, traballando primeiro cas categorías inferiores entre os anos 1952 e 1957 e pasando despois ao primeiro equipo. Baixo a súa dirección gañou a Liga nas tempadas 1958-59, 1959-60 e 1963-64 e a Copa nos anos 1958, 1959 e 1964. Combinou este labor co de seleccionador nacional de Iugoslavia no ano 1958.
Entre os anos 1966 e 1972 recalou no fútbol Belga, adestrando primeiro ao Standard de Liexa, co que gaña a copa no 1966 e 1967, e ao Bruxas repetindo o triunfo na Copa nos anos 1968 e 1970.
Na tempada 1972-73 ficha polo Athletic de Bilbao, onde militaría dúas tempadas e gañaría unha Copa do Xeneralísimo e queda quinto na Liga.
No ano 1974 dirixe ao Benfica de Liboa co que gaña a Liga Portuguesa.
Regresa á Liga Española para ascender ao Málaga CF a Primeira División pero a que á tempada seguinte foi destituído polos malos resultados.
Despois de grises experiencias en Iugoslavia e Portugal á fronte do Vojvodina de Novi Sad e o Sporting de Lisboa, no ano 1980 ficha polo Celta de Vigo, por aquel entón en Segunda División B.
No primeiro ano de Pavić en Vigo o Celta proclamouse campión da Segunda División B ascendendo rapidamente, ao ano seguinte repetiu a boa actuación na Segunda División conseguindo o ascenso á máxima categoría a falta de tres partidos para o final da tempada.
Xa en Primeira División unha serie de problemas económicos e deportivos fixeron que o Celta volvese descender ao ano seguinte, o que fixo que tras tres tempadas no Celta o adestrador balcánico deixase o club e fichase polo Reial Club Deportiu Espanyol.
Mirolad Pavic faleceu en agosto do ano 2005.
Palmarés
editar- Liga de Iugoslavia co Estrela Vermella de Belgrado: 58-59, 59-60 e 63-64
- Copa de Iugoslavia co Estrela Vermella de Belgrado: 1958, 1959 e 1964
- Copa de Bélxica co Standard de Liexa: 1966 e 1967
- Copa de Bélxica co Bruxas: 1968 e 1970
- Copa do Xeneralísimo de España co Athletic de Bilbao: 1973
- Liga de Portugal co Benfica: 1974