Raúl González Gómez

mestre e político galego

Raúl González Gómez, nado en Ventosela (Ribadavia) o 13 de abril de 1903 e finado en 1995, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaRaúl González Gómez
Biografía
Nacemento13 de abril de 1903 Editar o valor em Wikidata
Ventosela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1995 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ingresou no Maxisterio en 1928. Mestre en Ventosela, durante a Segunda República militou no Partido Republicano Radical Socialista. En 1932 enfrontouse a un expediente de suspensión por reivindicar un local axeitado para a escola. Estivo suspendido de emprego e soldo. Foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e colaborou na súa revista Escuela del Trabajo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ourense por rebelión militar. Foi sentenciado a pena de morte, conmutada a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión de Ourense.[1] En 1943 conmutáronlle a pena por 15 anos de inhabilitación. Dedicouse ao ensino privado e incorporouse en 1966 ao ensino público. Morreu en 1995.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar